Friday 22 de November de 2024

A alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, visitou a María Dolores Vilariño Rodríguez para darlle os parabéns polo seu centenario


A alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, visitou a María Dolores Vilariño Rodríguez, veciña de Espíritu Santo, para darlle os parabéns polo seu centenario, que cumpriu o 17 de decembro, e entregarlle un ramo de flores e un detalle do Concello.

María Dolores contoulle á rexedora que case non toma medicación e que o seu marido, Álvaro, faleceu aos 63 anos. Ten dous fillos, unha filla e un fillo, e tres netos, dous nenos e unha nena. Desde os anos 90 viviu en Madrid coa súa filla e voltou a Bergondo na pandemia.

Sempre foi moi traballadora. Toda a súa vida fixo labores nas Leiras e, cando tiña sete anos, perdeu a súa nai e tivo que facerse cargo dos seus dous irmáns xa que o seu pai tiña que traballar fóra.