Saturday 16 de November de 2024

Inés Rey destaca a calidade das fotografías do Calendario Municipal, que “nos permite percorrer A Coruña a través das súas imaxes”


A alcaldesa presidiu o acto de entrega de premios ás persoas autoras das 13 fotografías seleccionadas polo xurado

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta mañá a entrega de premios do Calendario Municipal 2023. As persoas autoras das 13 fotografías gañadoras recolleron os seus recoñecementos no Pazo de María Pita.

A rexedora destacou o labor deste almanaque, que “permite percorrer A Coruña a través das súas imaxes”. “O noso calendario é xa todo un clásico destas datas. Está presente na maioría de casas coruñesas e tamén en moitos lugares do mundo, xa que é costume envialo a amigos e familiares”, sinalou Inés Rey.

O Calendario Municipal do 2023 xa está dispoñible para mercar nos puntos de venta habituais cun prezo de 1,30 euros. A continuación, a listaxe de premiados e a foto do mes que lle corresponde:

Portada: Ignacio Sierra Vázquez

Xaneiro: Daniel Candal Álvarez

Febreiro: Sindo Novoa Álvarez

Marzo: Carlos Briones Bioslada

Abril: Camino Ventura Martínez

Maio: Víctor Hermida Valeiro

Xuño: José Luis García Mendoza

Xullo: Ignacio Fernández Fernández

Agosto: Pablo Briones Bioslada

Setembro: Soraya Sampedro Bores

Outubro: Juan Pablo Ameneiro González

Novembro: David García Villaverde

Decembro: Eduardo Mosqueira Rey