Thursday 21 de November de 2024

Alumnado da primaria da Pobra recibe exemplares da obra gañadora do IV Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro


A rapazada dos centros educativos da primaria da Pobra do Caramiñal xa conta nas súas mans co libro Por mor de cinco pizzas aos catro queixos, de Xosé Antonio Neira Cruz, que resultou gañador do IV Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro que convocan o Concello, a Editorial Galaxia e a A. C. Barbantia.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), xunto coa técnica municipal desta área, Fita Sanisidro, desprazouse ata os CEP Salustiano Rey Eiras e CEP Pilar Maestú Sierra para face-la entrega dun total de 450 exemplares.

Esta acción atópase ao abeiro do compromiso adquirido por parte da Administración local con este certame literario que ten como premio unha dotación económica de 3 000 euros e a publicación na colección Árbore da referida editorial.

Proximamente darase a coñece-lo nome do texto galardoado na quinta edición, proseguindo así coa homenaxe a Carlos Mosteiro, a promoción das autoras e autores en lingua galega de literatura infantil e o fomento da produción para inculca-lo hábito lector nas xeracións máis novas.