Friday 22 de November de 2024

Os produtos do mar galegos amparados co selo de calidade pescadeRías chegan ao mercado nacional


Varias áreas comerciais de Asturias, Burgos, León, Ponferrada, Valladolid e Palencia xa contan con produtos certificados con esta marca

Os produtos do mar galegos amparados co selo de calidade pescadeRías chegan ao mercado nacional. Varias áreas comerciais de Asturias, Burgos, León, Ponferrada, Valladolid e Palencia xa contan con produtos certificados con esta marca.

Así, nalgunhas superficies comerciais do territorio nacional comercializaranse percebes, navallas, ourizos, lubinas e sargos extraídos polos socios da Confraría de Pescadores de Cangas. Ademais, cabe salientar que diversos restaurantes de toda España empregan habitualmente nos seus menús produtos da marca pescadeRías, destacando a vieira certificada do Porto de Cambados e os berberechos da agrupación de mariscadores do Río Anllóns, na Coruña.

pescadeRías ¿de onde se non?
O selo pescadeRías é unha marca de calidade creada e rexistrada pola Xunta de Galicia que acredita que os produtos da pesca artesanal e do marisqueo están convenientemente identificados, teñen un alto nivel de frescura e comercialízanse por empresas situadas na Comunidade Autónoma, que cumpren determinados requisitos de calidade, ademais dos esixidos pola lexislación no ámbito da seguridade alimentaria e do respecto ao medio ambiente.

Un total de 34 restaurantes están asociados á marca. Entre estes establecementos están todos os paradores nacionais da Comunidade Autónoma e a maioría dos restaurantes que contan con estrela Michelín en Galicia.