Un total de 1.124 nenos e nenas participarán este martes 20 de decembro nunha proba deportiva escolar de campo a través organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, dentro do programa Xogade, e o Concello de Carballo.
A competición celebrarase no circuíto da zona verde do polígono industrial de Bértoa, aínda que, se as condicións meteorolóxicas así o aconsellan, poderá trasladarse ao campo de fútbol. Participarán nenos e nenas das categorías benxamín (2015-2014), alevín (2013-2012), infantil (2011-2010) e cadete (2009-2008) de varios centros escolares da comarca de Bergantiños.
A partir das 10.00 realizarase a recollida de dorsais, e ás 10.30 darase a saída da primeira carreira. Os horarios previstos son os seguintes:
• 10.30 h. Cadete masculino (2.000 metros)
• 10.45 h. Cadete feminino (2.000 metros)
• 11.00 h. Infantil masculino (1.500 metros)
• 11.15 h. Infantil feminino (1.500 metros)
• 11.30 h. Alevín masculino (1.000 metros)
• 11.45 h. Alevín feminino (1.000 metros)
• 12.00 h. Benxamín masculino (500 metros)
• 12.15 h. Benxamín feminino (500 metros)
Os obxectivos da proba son fomentar unha práctica deportiva, educativa e saudable; difundir os valores da competición dende unha perspectiva máis regrada e facilitar a práctica dunha modalidade de gran tradición en Galicia.