Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará mañá na cidade. O vehículo permanecerá operativo de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas nas inmediacións do novo centro de saúde .
As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento.