· O alcalde de Carral, Javier Gestal, asinou, esta semana, os acordos con 13 entidades do municipio.
· En total, o Concello destina 30.000 euros para apoiar ás asociacións co desenvolvemento de actividades de todo tipo para a veciñanza.
O alcalde de Carral, Javier Gestal, asinou, esta semana, 13 convenios de colaboración con entidades deportivas e culturais e medioambientais do municipio. Con respecto á última convocatoria, o Concello duplicou a contía destes acordos, que pasaron dos 16.400 de 2021 aos preto de 30.000 euros actuais. Con este incremento, o goberno local busca colaborar co tecido asociativo, “cuxo labor é esencial á hora de pór en marcha actividades e programas ao longo de todo o ano”.
Os acordos subscribíronse coas seguintes entidades:
· U.D. Carral: 8.500 euros
· Club Patinaxe Alquimia de Carral: 1.450 euros
· Club Ximnasia Rítmica Carral: 1.100 euros
· Centro Ecuestre Finca Abrigosa: 1.200 euros
· Club Deportivo Ares Racing: 1.200 euros
· Club BTT Carral: 1.000 euros
· Club de Tiro Olímpico: 700 euros
· Custodia do Territorio de Carral “Brexa”: 800 euros
· Asociación cultural “Cultura Aberta”: 1.000 euros
· Asociación cultural “Aires de Carral: 1.000 euros
· Asociación cultural Festas de Carral: 7.000 euros
· Asociación de Mulleres Rurais “Nosa Señora do Socorro”: 1.000 euros
· Asociación de veciños “O Rueiro de Tabeaio”: 1.000 euros
· Asociación de Custodia do Territorio de Carral “Brexa”: 1.200 euros
As contías servirán para sufragar, entre outros, os seguintes gastos: desenvolvemento de actividades e posta en marcha de escolas deportivas, organización e participación en torneos e competicións, adquisición de material, transporte, licencias federativas, realización de charlas, organización de actividades culturais e doutro tipo, etc.
—