Friday 22 de November de 2024

O Festival Rock regresa o día 23 á praza de Galicia e a da Gándara acollerá dende o vindeiro luns actuacións e obradoiros organizados polo Concello e a ACN


A Praza de Galicia acollerá a vindeira semana, o día 23, o evento Rock Narón, no que participarán as formacións Keepers, Blac Jack, Gin Toni´s, Broken Peach, Nuevo Plan e Sintron ni Son. Os concertos sucederanse baixo unha carpa dende as 20.00 horas e a entrada aos mesmos é de balde, ata completar a capacidade do recinto.

As actividades do progama de Nadal continuarán a vindeira semana co programa “Nadal na Praza da Gándara”, organizado polo Concello e a Asociación de Comerciantes de Narón e que acollerá unha gran variedade de propostas que comezan o vindeiro luns, día 19, cun obradoiro de maquillaxe infantil de 18.00 a 20.00 horas. O día 20 actuará a Escola de Zanfona do Padroado da Cultura de Narón ás 17.30 horas e poderase ver aos personaxes de Disney Mickey e Minnie Mouse dende as 17.30 ata as 20.00. O mércores 21 será o turno da Escola de pandereta e canto do Padroado da Cultura de Naron, ás 17.30 e o xoves 22 haberá dúas novas propostas, ás 17.30 actuará a Escola de bailes tradicionais do Padroado da Cultura e ás 19.00 dará comezo o concerto de A Banda do Garaxe. O día 23 poderase ver a actuación de Xemelgas.

A programación de “Nadal na praza da Gándara” continuará a última semana do ano. O luns 26 ás 17.30 horas poderase ver o espectáculo de marionetas “O galo Quirico e os seus amigos” e tamén haberá ás 18.30 un concerto de acordeóns folk da Escola Bellón Maceiras. O día 27 será o turno de Carlos Quintá, que dará un concerto ás 17.30 e a continuación haberá un obradoiro de marionetas de papel. Finalmente, o día 28 ás 17.30 terá lugar un obradoiro de pinturas co artista Leandro Lamas; o 29 actuará ás 18.00 o Quinteto do conservatorio de Metales e o 30 deste mes ás 17.30 horas pechará a programación unha exhibición da escola de baile Un Paso Adelante (UPA).