O concelleiro de Sanidade, Santiago Galego, anunciou a celebración, este domingo, dunhas “Xornadas sobre benestar animal e colonias felinas urbanas”. As persoas que o desexen poderán acudir á convocatoria, que terá lugar na Praza de Galicia de 10.00 a 12.30 horas.
Galego participará na convocatoria xunto con persoal do refuxio de animais de Mougá, das asociacións Naróncan e Cometa, e alimentadores das colonias felinas urbanas, tal e como avanzou.
No transcurso da convocatoria repartiranse dispensadores de bolsas de recollida de heces das mascotas.