A cita aposta polos produtos de artesanía e proximidade, e contará coa visita do Apalpador
Cabanas celebrará este domingo, 18 de decembro, o seu “III Mercado de Nadal” unha cita na que as visitantes poderán descubrir e mercar produtos de artesanía e proximidade, ademais de desfrutar de actividades complementarias ao longo do día.
O mercado estará aberto ao público entre as 11 e as 19 horas no Pavillón de Lavandeira, tempo no que as persoas que se acheguen poderán facer as súas compras de agasallos. Ademais, desde o mediodía estará aberto ao público a foodtruck AUTGA, con hamburguesas de vaca cachena e outras elaboracións, e á tarde haberá unha chocolatada con churros.
En colaboración coa Asociación de Mulleres Cabanas Rural, arredor das 17 horas chegará o Apalpador para atoparse coas crianzas, as cales recibirán un pequeno agasallo.