Thursday 21 de November de 2024

Unha vintena de escolares do colexio da Gándara visitaron esta mañá o Concello


Unha vintena de escolares de sexto curso de Infantil do colexio da Gándara visitaron esta mañá o Concello e reuníronse coa alcaldesa, Marián Ferreiro, no salón de plenos. A través da iniciativa “Coñecemento do Concello”, do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola, os escolares, acompañados de persoal do centro, visitaron a planta baixa do Concello, donde está a Policía Local e tamén otras dependencias, como o Arquivo e o salón de plenos.

En que consiste o seu traballo, se lle gusta, cantas persoas traballan no Concello, como se elixe a un alcalde ou alcaldesa… foron algunhas das cuestións sobre as que se preguntaron os menores, moi participativos durante a súa estancia no Consistorio. Ferreiro interesouse ante as rapazas e rapaces por coñecer a súa visión da cidade.

Os menores visionaron no salón de plenos o vídeo “Nara de Narón”, sobre a cidade, no que se explica o territorio de Narón, a poboación, a organización municipal e o funcionamento básico da administración local. Antes de regresar ao centro os escolares sacaron unha fotografía de grupo coa alcaldesa, que lles entregou uns agasallos institucionais e tamén no photocall co explorador e a abella Nara que dirixen estas visitas escolares guiadas.