Friday 22 de November de 2024

Axenda do 16 ao 19 de decembro de 2022 en Narón


Venres 16 de decembro de 2022

Actividade: “Galtük, un sueño de navidad”
Hora: 19.00
Lugar: Pazo da Cultura

A compañía La Fiesta Escénica trae a Narón un show circense de gran formato. Unha nena valente e intrépida é a protagonista deste espectáculo, no que vivirá numerosas aventuras e terá que facer fronte a varias adversidades acompañada de divertidos personaxes, na procura dos seus xoguetes. As entradas están á venda no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Actividade: Presentación de “El oro de Himmler”
Hora: 19.00
Lugar: Sala multiusos da planta baixa da Biblioteca

O naronés Juan José Lada presentará esta tarde na Biblioteca o seu libro “El oro de Himmler”, que forma parte da triloxía “El tesoro de Artabria”. Entrada de balde ata completar o aforo da sala.

Sábado 17 de decembro de 2022

Actividade: “XIII Torneo de Voleibol Cidade de Narón”
Hora: De 10.00 a 20.00
Lugar: Pavillón Campo da Serra

Uns 300 deportistas dos clubs de voleibol Narón Volea, Calasancias, Emevé, San Ciprián, Oleiros e Xiria participarán neste evento, con entrada de balde e organizado polo Concello e o Club de Voleibol Narón Volea.

Actividade “O Apalpador e o Nadal”
Hora: 11.00
Lugar: Biblioteca municipal

Os nenos e nenas inscritos nesta actividade poderán coñecer máis polo miúdo a figura do Apalpador, escoitar un conto sobre el e deseñar un para levar ás súas casas.

Actividade “Navitrén”
Hora: Saídas ás 12.00, 13.00, 16.00, 17.00, 18.00, 19.00 e 20.00 horas
Lugar: Inmediacións do Concello

O Concello e a Asociación de Comerciantes de Narón poñen en marcha un ano máis o servizo de Navitrén, con viaxes dende o Alto á Xuvia e do Alto á Gándara. Os comercios entregarán tickets para as viaxes polas compras e tamén poderán adquirirse nun espazo habilitado a tal fin nas inmediacións da zona de saída.

Actividade: “XII Xornada Moteira Solidaria”
Hora: 16.30
Lugar: Praza de Galicia (saída e chegada do percorrido)

O Concello e o Moto Club Fojeteiros organizan unha nova edición da Xornada Moteira Solidaria, que inclúe un percorrido polo Alto, A Solaina, A Gándara… para recibir ás 17.30 horas a Papá Noel na Praza de Galicia. Recolleranse roupa, xoguetes e alimentos non perecedeiros para o Centro de Recursos Solidarios de Narón.

Actividade: “Galtük, un sueño de navidad”
Hora: 17.00 e 19.00
Lugar: Pazo da Cultura

Actividade: “XXIX Trofeo de Natación Cidade de Narón”
Hora: 17.30
Lugar: Complexo polideportivo municipal da Gándara

Uns 150 nadadores de diferentes clubs (Cedeira, Ferrol, Marín, Arteixo, Xove, Oleiros, e da Agrupación Deportiva Náutico de Narón) participarán neste evento deportivo, no que tamén se celebrará o “XIX Memorial Javier Lago”. A entrada é de balde. Organizan o Concello e a Agrupación Deportiva Náutico de Narón.

Domingo 18 de decembro de 2022

Actividade: “Animarúa Nadal”
Hora: De 11.45 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas
Lugar: Praza de Galicia

A Praza de Galicia acollerá exhibicións de academias de baile, varias actividades de animación infantil, presentacións literarias e un concerto. Actividades interxeracionais vencelladas ao Nadal e de balde.

Actividade “Navitrén”
Hora: Saídas ás 12.00, 13.00, 16.00, 17.00, 18.00, 19.00 e 20.00 horas
Lugar: Inmediacións do Concello

Actividade: “Galtük, un sueño de navidad”
Hora: 12.30 e 18.00
Lugar: Pazo da Cultura

Luns 19 de decembro de 2022

Actividade “Navitrén”
Hora: Saídas ás 12.00, 13.00, 16.00, 17.00, 18.00, 19.00 e 20.00 horas
Lugar: Inmediacións do Concello

Actividade: “Poboados de Nadal”
Hora: 17.00 a 20.00
Lugar: Praza da Gándara

Preto dunha decena de postos de Nadal instalaranse na Praza da Gándara, donde tamén se sucederán exhibicións de bailes, concertos, obradoiros para nenas e nenos e outras propostas de Nadal. Organiza o Concello en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón.