PREVISIÓN VENRES 16 DE DECEMBRO
17:00 h. – Segunda mobilización da comunidade educativa de Bergondo pola falta de persoal no CPI Cruz do Sar
Mañá, venres 16 de decembro, ás 17:00 horas a comunidade educativa de Bergondo levará a cabo unha mobilización ante a falta de persoal docente para atender ao alumnado con necesidades especiais no CPI Cruz do Sar,
A andaina sairá desde o CPI Cruz do Sar e as persoas participantes irán
ata a casa do concello, pasando previamente pola rotonda de Vos Condes.Ao finalizar lerase un manifesto no que se reumen os dereitos que a Consellería de Educación está a negar en Bergondo.