A entrega dos premios será o venres 23 de decembro na Casa da Cultura.
Xa hai gañadores da edición deste ano do concurso de postais e contos de Nadal que convoca o Concello nestas datas convidando a participar ao alumnado de infantil e primaria dos tres colexios do municipio.
No día de hoxe reuniuse o xurado, formado por representantes municipais -a animadora cultural, a técnica de Igualdade e a responsable da biblioteca da Laracha, precisamente o lugar da xuntanza- e dos centros de ensino -o director do CEIP Otero Pedrayo e mestres dos CEIPs Alfredo Brañas e de Caión-, para valorar todos os traballos presentados e outorgar os premios.
Ao concurso de postais presentáronse tanto traballos individuais como colectivos, neste último caso realizados conxuntamente polos alumnos das aulas de educación infantil. Houbo tres categorías de premios diferenciadas por grupos de idade.
O concurso de contos mostrou a imaxinación e facilidade para a escritura dos participantes a título individual, aspectos nos que se baseou a decisión do xurado. Foi dirixido a alumnos de 5º e 6º de educación primaria.
Os doce premios outorgados polo xurado serán entregados aos gañadores o venres 23 de decembro na Casa da Cultura a partir das 12:30 horas. Os agasallos consistirán en xogos e material educativo adaptado ás idades de cada un dos premiados.
Premiados no Concurso de Postais
Categoría A (educación infantil)
• Aula de 4º do CEIP Otero Pedrayo
• Aula de 5º do CEIP de Caión
• Aula de 6º do CEIP de Alfredo Brañas
Categoría B (1º ciclo de educación primaria)
• Sara Bauman Lorenzo (2º do CEIP de Caión)
• Jimena Viturro Domato (2º do CEIP Alfredo Brañas)
• Álvaro Seoane Castro (1º do CEIP Otero Pedrayo)
Categoría C (2º ciclo de educación primaria)
• Sofía Bello Rodríguez (4ºB do CEIP Otero Pedrayo)
• Zoe Pérez Pedreira (4º do CEIP Alfredo Brañas)
• Neo Suárez Iglesias (4º do CEIP de Caión)
Premiados no Concurso de Contos (dirixido a estudantes do 3º ciclo de primaria)
• Marta Señarís Vázquez (CEIP Alfredo Brañas) por La boca mágica de Caperucita.
• Nahia Lahlali Lorenzo (CEIP de Caión) por Unha estrela na noite.
• Inés Martínez Granados (CEIP Alfredo Brañas) por El calcetín de Sarah.