Será o primeiro equipado con pala cargadora e desbrozadora de pluma, o que permitirá facer máis e mellores actuacións na rede viaria municipal
O Concello de Oroso vén de investir algo máis de 70.000 euros na compra dun moderno tractor John Deere con pala cargadora, desbrozadora de pluma e trituradora para a limpeza e conservación da súa rede de estradas municipais. Unha maquinaria que foi recibida polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, de mans do xerente de Agorbarreiro SL; quen estiveron acompañados polos concelleiros de Obras e Servizos, Eduardo Veiras; e Seguridade e Parque Móbil, Antonio Leira.
“O Concello de Oroso ten permanentemente durante todo o ano dous tractores con desbrozadora de brazo traballando nas estradas e pistas do municipio”, explica Manuel Mirás, quen destaca que “este novo tractor vén substituír un que temos de máis de 14 anos e como está moito mellor equipado nos permitirá facer máis e mellores actuacións na nosa rede viaria”. De feito, esta nova maquinaria permitirá substituír unha máquina que leva xa varias avarías importantes nos dous últimos anos, que supoñían un incremento do gasto e unha redución do tempo no que estaba operativo.
Así, o novo tractor John Deere de 110 cv conta cunha pala cargadora Tenia Evolutiodesbrozadoran, que permitirá realizar moitas actuacións que antes non se podían realizar cos actuais tractores como, por exemplo, a retirada de árbores caídas caídas sobre a estrada. Así mesmo, conta cunha debrozadora de pluma, moito máis moderna e profesional cas actuais desbrozadoras de brazo, o que permitirá un mellor e máis rápido desbrozado das pistas orosás. Finalmente, o vehículo incorpora tamén unha trituradora lateral.