• O 22 de decembro o complexo multiusos das Somozas acollerá a partir das 17:30 horas o ‘Festival de Nadal’, coa recollida de cartas, a visita de Papá Noel e unha chocolatada.
O Concello das Somozas publicou hoxe a súa programación de actividades para o Nadal, que comezará este sábado, 22 de decembro, co ‘Festival de Nadal’ que se celebrará no complexo multiusos.
O ‘Festival de Nadal’ arrincará ás 17:30 horas e haberá unha recollida das cartas coas peticións dos máis pequenos previa á visita de Papá Noel, que escoitará atento o que lle quere dicir cada un dos nenos e nenas que asistan. Ademais, haberá unha chocolatada e inchables gratuítos.
O 23 de decembro o Centro Cívico acollerá, a partir das 18:30 horas, o espectáculo ‘O axudante de Papá Noel’, de Moc Moc MeRe Clown, subvencionado a través da Rede Cultural 2022 da Deputación da Coruña. Despois, o grupo de gaitas ‘Tafornelos’ e o grupo de pandereteiras ‘Tocadeiras’, encargarase de amenizar a xornada a partir das 20 horas. Por último, o 30 de decembro, de 19 a 21 horas programouse unha festa prebadaladas, que contatará coa música do Grupo Antha.
Ademais, ao longo destas semanas no Centro Cívico estanse a desenvolver diferentes actividades con temática de Nadal, como obradoiros para aprender a adornar o árbol, de decoración, para preparar a carta de Papá Noel… Unhas accións que continuarán no ano 2023 a través da extensa programación desta nova infraestrutura de lecer do Concello das Somozas.
O alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, quixo desexar aos veciños e veciñas do municipio que “teñan un Bo Nadal e unha boa entrada de ano novo” e agardou “que desfruten das diferentes actividades programadas”.