Saturday 16 de November de 2024

A exposición fotográfica de Chema Ríos no Quiosco Alfonso recolle 137 orixinais retratos dos coruñeses e coruñesas máis recoñecidos


A mostra ‘Chema Ríos: Xeografía humana da Coruña’ comezará o día 14 e permanecerá aberta ata o 8 de xaneiro

Personaxes da política, cultura, deportes e artes comparten protagonismo na mostra con profesionais da sanidade

Unha exposición fotográfica recompila no QuioscoAlfonso os retratos de case 140 personaxes destacados e grupos profesionais da Coruña.

‘Chema Ríos. Xeografía humana da Coruña’ é o nome da exposición que se inaugurou estemércores e que permanecerá aberta ata o 8 de xaneiro. A mostra consta de 137 retratos teatralizados en diferentes puntos da cidade ou proximidades, cos persoanxes situados sempre arredor dunha mesiña de café situada nos máis diversos escenarios.

O acto de presentación estivo presidido polo concelleiro de Educación e Memoria Histórica, Jesús Celemín. A exposición recolle as figuras máis recoñecidas da Coruña nos máis diversos campos: política, deportes, sanidade, artes ou asociacionismo. Inclúe retratos individuais e tamén grupais, especialmente do ámbito da sanidade.

Entre as fotografías destacan persoas como César Bonilla, fundador de Bonilla, a cantante Vega, a poeta Yolanda Castaño ou xornalistas como Pepe Domingo Castaño. Tamén hai numerosos rostros da política local e autonómica, entre eles o retrato da alcaldesa, Inés Rey. Comparten protagonismo con policías, bombeiros, gaiteiras, docentes, cantantes, militares, directores de cinema, actores e actrices, deportistas, pintores, escritores, músicos, médicos, comadroas e unha variada relación de persoeiros e personaxes de todos los sectores da sociedade coruñesa.

Chema Ríos é un prestixioso médico coruñés e un grande afeccionado ao mundo da música e da fotografía. Os retratos que conforman a exposición son produto do traballo feito durante os últimos anos e finalmente recompilados para a mostra que se desenvolverá no Quisco Alfonso durante este período de Nadal.