Friday 22 de November de 2024

Adèle Arias, Ariadna Álvarez, Gabriela Loaiza e Candi Vales reciben as máis lectoras das bibliotecas municipais


O Concello recoñeceu aos veciños e veciñas máis lectores das bibliotecas cunha entrega de premios celebrada esta tarde nas Torres de Santa Cruz.

En función das idades creáronse 4 categorías. Entre os menores de 6 anos a máis lectora foi Adèle Arias Christien, seguida de María Cousillas Veiga e Nayra Gutiérrez Domínguez; de 6 a 11 anos Ariadna Álvarez Sosa foi a primeira, Diego Álvarez Sosa o segundo e Antía Maëlis Arias Christien a terceira; entre 12 e 17 anos o primeiro premio foi para Ángeles Gabriela Loaiza Tovar, por diante de Iago Rodríguez Vila e Martina Maseda Villapol; e en adultos a veciña máis lectora foi Candelaria María Vales Varela, segunda foi Isabel Martínez Ozón e tereceira Ana Belén Rodríguez Eijo.

Estas 12 persoas recibiron un vale para adquirir libros, material informático, audiográfico ou videográfico de entre 50, 75 e 100 euros, en función da posición en cada categoría.