Con motivo da chegada do Nadal, o alumnado da Escola Municipal de Música e do Centro Municipal de Artes Escénicas celebrará no Auditorio Gabriel García Márquez varias funcións e concertos gratuítos e abertos a todo o público.
O sábado 17 de decembro, ás 12.30 horas, a Orquestra sinfónica da Escola Municipal de Música de Oleiros interpretará unha adaptación do conto orixinal de Hoffman “O Crebanoces e o rei dos ratos”. A actuación contará coa colaboración do alumnado da Escola Municipal de Danza.
Ese mesmo día, ás 19 horas, a Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros ofrecerá un concerto para todos os públicos.
O domingo 18 de decembro, ás 12.30 horas, a Big Band da EMMO dará o seu tradicional concerto de Nadal no Auditorio A Fábrica.
O mércores 21 de decembro, ás 19.30 horas, os grupos de danza contemporánea e danzas urbanas celebrarán a súa función de Nadal.
O xoves 22 de decembro, ás 19.30 horas, o alumnado de danza clásica do Centro Municipal de Artes Escénicas, interpretará a obra “Mary Poppins.