O vindeiro domingo 18 de decembro, ás 19:30 horas, celébrase o Concerto de Nadal de Corais do municipio no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. Participarán a Coral Polifónica Airiños de Nós, a Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz, o Coro de Oleiros e a Coral Polifónica de Mera, que despois das súas respectivas actuacións cantarán de maneira conxunta a panxoliña Doce sono.
Este concerto é unha das diversas iniciativas que realiza o Concello para fomentar o canto coral como expresión cultural e artística e ferramenta para a convivencia.