Friday 22 de November de 2024

Alarmante actuación da secretaria municipal do Concello de Sada


Para Alternativa dos Veciños é “alarmante” que a garante da legalidade nun Concello non de validez ó rexistro municipal nin as actas e video actas dos plenos do Concello de Sada.

«Something is rotten in the state of Denmark» («Algo cheira a podrecido en Dinamarca») é unha das frases máis famosas de toda a produción dramática de William Shakespeare, aínda que foi pronunciada por un personaxe secundario, Marcelo, e non polo propio Hamlet, como moitos pensan. Pois algo parecido está a pasar en Sada co último informe da secretaria municipal onde elude pronunciarse sobre os edís da moción de censura ao non ver acreditada a súa expulsión.

Ao parecer, agora en Sada, o rexistro municipal non ten validez, nin sequera as actas dos plenos, nin os buro fax, nin as mocións aprobadas pola deputación da Coruña…Nada! É “alarmante”!! Alternativa dos Veciños comunicou ao Concello de Sada, por activa e por pasiva, a expulsión do partido dos seus concelleiros en varias ocasións. Deu conta diso o anterior Alcalde Benito Portela en lectura pública do noso escrito remitido ao Concello, e rubricouse nunha moción da Marea na Deputación da Coruña.

A secretaria municipal debería dar fe dos escritos recibidos no rexistro municipal e que, despois, os afectados, se o estiman oportuno, reclamen ou aleguen ó partido que lles conseguiu a súa acta de concelleiros, máis en ningún caso corresponde ao secretario ou secretaria municipal dun Concello inmiscuirse nos asuntos internos dun partido político e os seus afiliados e simpatizantes.

Alternativa dos Veciños Sada non ten inconvinte algún en que a letrada en cuestión, se a nivel particular o quere, asista legalmente ós concelleiros tránsfugas fronte os seus partidos, máis non cos impostos dos veciños de Sada, e por suposto, en ningún caso, obviando a plena validez do rexistro municipal coma máximo órgano de notificación dun Concello.