A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou dúas novas actividades que se desenvolverán esta semana na Biblioteca municipal do Alto. A primeira delas terá lugar o venres 16, e consistirá na presentación do libro “El oro de Himmler” e a segunda cita será o sábado 17, coa actividade multidisciplinar “O Apalpador e o Nadal”.
O naronés Juan José Lada Vilariño presentará na Biblioteca este venres a terceira parte da saga “El tesoro de Artabria”, unha novela que leva por título “El oro de Himmler”. As cita dará comezo ás 19.00 horas na Sala multiusos da planta baixa, explicou Taibo, que indicou que esta triloxía do escritor local se ubica en escenarios nos que recoñecemos a beleza e a historia da nosa contorna.
O sábado ás 11.00 horas celebrarase a próxima chegada ás casas das nenas e nenos do Apalpador. Con este motivo, realizarase unha actividade deseñada para coñecer máis polo miúdo a figura do Apalpador, e as persoas que acudan tamén escoitarán un conto sobre este personaxe e poderán deseñar un Apalpador que levarán para as súas casas. Para poder participar nesta actividade é preciso inscribirse previamente, a partir desta tarde ás 16.00 horas (de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173). Os nenos e nenas deberán ter cumpridos os catro anos e o carné da Rede de Bibliotecas sen sancións pendientes.