Os calendarios de sobremesa con doce imaxes da cidade xa se poden recoller no Concello. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, indicou que se editaron 1.000 exemplares que están xa a disposición das persoas interesadas no Punto de Información do Concello, na planta baixa.
O calendario, ao igual que en anos anteriores, dispón dos teléfonos de interese do Concello. A rotonda de Freixeiro, a Costa Ártabra, o edificio do Concello, o paseo de Xuvia e algúns eventos deste ano como a Marcha Ciclista e as 21 Leguas forman parte, entre outros, das imaxes seleccionadas para o novo calendario.
A concelleira de Turismo animou ás veciñas e veciños que o desexen a que se acheguen ao Concello para coller algún destes calendarios de sobremesa cos que se ilustran os doce meses do vindeiro ano.