Friday 22 de November de 2024

Un festival de Nadal recuperará na Pobra os bailes e cantos propios desta época


O folclore galego converterase en protagonista do festival de Nadal que organiza Arrancadeira, coa colaboración da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE). Recuperaranse así bailes e cantos tradicionais cos cales se celebraban estas datas en diversos recunchos de Galicia.

Este evento festivo terá lugar no 17 de decembro, ás 18.30 horas, no teatro cine Elma. Contarase coa participación da propia entidade, da A. C. Os Jaitas Blue, da Escola de Cantigas e Agarimos e da A. C. Mestre Manuel Gacio.

Realizarase tamén un sorteo de produtos doados por establecementos da localidade e disporase dun stand para a recollida de donativos a favor da Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (Anedia). A entrada é libre ata completa-la cabida.