Haberá polbeira e pola noite repartirase queimada e bailarase ao son das orquestras Passarela e Los Satélites
Ordes 08 outubro 2015. Este vindeiro domingo, 11 de outubro, Santa Cruz de Montaos vólvese vestir de festa para honrar á Virxe do Rosario. Haberá misa solemne ás 13.30 horas, seguida dunha animada sesión vermú a cargo da orquestra Passarela. Como en calquera festa que se prece non faltarán os postos, atraccións e a polbeira.
De cara á noite novamente a dita orquestra volverá facer bailar a festeiros e festeiras, estando acompañada pola orquestra Los Satélites. Durante toda a noite a organización repartirá queimada gratis entre aquelas persoas que merquen unha cunca conmemorativa. No caso de chuvia a organización ten prevista a instalación dunha carpa.