A aula CeMit de Brión acollerá o próximo 27 de novembro as probas de avaliación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX). O prazo de inscrición a través da web comezará o día seguinte á súa publicación do Diario Oficial de Galicia, é dicir, a partir do mércores 14 de outubro
Dende a aula CeMit de Brión informan de que, a diferenza de convocatorias anteriores, o criterio de selección non será por “orde de inscrición”, senón que se seleccionará aos participantes mediante orde alfabética a través de sorteo público das letras do primeiro apelido para evitar, por un lado, o colapso do sistema nas primeiras horas do prazo de inscrición e, por outro, establecer un sistema mais xusto con persoas que non dispoñen dos medios informáticos necesarios nas primeiras horas de apertura dese prazo de inscricións.
A Aula CeMit de Brión incorporou o CODIX en 2014, a través da cal a persoa titular pode acreditar as súas competencias en tecnoloxías da información e as comunicacións en materia de ofimática ante as instancias públicas ou privadas. Un servizo que complementa ao xa existente ECDL, unha certificación a nivel europeo da que Brión é dos poucos lugares onde un pode examinarse en Galicia.