Hoxe, o Concello de Laxe inaugurou o Nadal cun acendido de luces por todas as parroquias.
O punto de partida foi o parque infantil de Coéns ás 18:00 horas e, posteriormente, fóronse iluminando as árbores das parroquias de Aprazadoiro, Matío, Boaño, Traba, Mórdomo, A Torre, Soesto, Serantes e Laxe. Na propia vila mariñeira, cunha gran afluencia de público, a iluminación iniciouse sobre as 19:30 horas, onde un gran árbol verde iluminado acaparou toda a atención.
Ademais, as persoas asistentes puideron gozar dun espectáculo de fogos de artificio e chocolate con churros de balde.