Friday 22 de November de 2024

Alternativa segue reclamndo a reapertura da pista multideporte de Arteixo


Alternativa dos Veciños de Arteixo continúa reclamando o arranxo e reapertura da pista Multideporte da rúa Río Sil.

Hai máis de tres meses que o Goberno Municipal precintou a pista multideporte de Arteixo, debido supostamente a que a pista presenta deficiencias. Agora, despois de que Alternativa e a veciñanza denunciaran publicamente esta situación, o Goberno Municipal anunciou que non se volverá reabrir a citada pista multideporte, xa que van a construír outra á beira do “Central Park de Arteixo” e que o solo onde se atopa actualmente a pista vai ser utilizado para crear aparcadoiros.