Saturday 16 de November de 2024

Concello de Carballo e Humana promocionan a reciclaxe do téxtil a través de obradoiros para alumnado de primaria


O Concello de Carballo e a Fundación Humana colaboran nunha campaña de promoción da recollida selectiva e a reciclaxe do téxtil entre o alumnado de primaria. A iniciativa forma parte da estratexia europea orientada á mellora dos niveis de reciclaxe, e está financiada pola Xunta e o Ministerio para transición ecolóxica e o reto demográfico.

Para achegar as vantaxes da reciclaxe á rapazada está prevista a celebración de catro obradoiros nos colexios Fogar e Xesús San Luis Romero, coa participación de máis de 70 nenos e nenas de segundo curso de primaria. Este luns 12 aprenderán a facer monicreques con calcetíns e o mércores 14 elaborarán mochilas con camisetas.