Friday 22 de November de 2024

O Goberno Municipal ten previsto aprobar, este luns, tres actuacións no rural cun investimento superior aos 700.000 euros


A Xunta de Gobierno ten previsto, este luns, adxudicar unha obra no rural e abrir o procedemento de licitación doutras dúas por un importe total, IVE engadido, de 702.794,19 euros. Na orde do día figura a adxudicación do acondicionamiento da antiga N-634 no núcleo de Lavacolla (Sabugueira), que saiu a licitación en xuño por 268.471,36 euros. E a aprobación dos proxectos de “Mellora de equipamentos deportivos e sociais na parroquia de Figueiras”, cunha contía de 355.699,97 euros; e o “Acondicionamento do local sociocultural de Enfesta”, no que está previsto investir 78.622,86 euros. Todas estas actuacións van ser excutadas pola concellaría de Medio Rural que dirixe José Manuel Pichel, ao abeiro de distintos POS + da Deputación da Coruña.

Acondicionamiento da antiga N-634 en Sabugueira
A Xunta de Goberno Local tamén ten previsto adxudicar o contrato que ten por obxecto a execución do proxecto de “Acondicionamento da antiga N-634 no núcleo de Lavacolla (Sabugueira), que saiu a licitación o pasado mes de xuño por unha contía de 268.471,36 euros. Esta obra está incluida no POS+ Adicional 2/2021 1ª fase da Deputación da Coruña e será executada pola concellaría de Medio Rural.

O obxectivo deste proxecto é o acondicionamento da antiga N-634 ao seu paso polo núcleo de Lavacolla (Sabugueira), mediante actuacións de urbanización das beirarrúas nas súas marxes e a pavimentación o resto do viario.

Establécense dúas zonas de actuación, marcadas polo cruzamento do Camiño de Santiago. Nos primeiros 175 metros proxéctase unha sección con calzada pavimentada de 6,4 metros de ancho mais beirarrúas en ambas marxes, con alternancia de zonas verdes e prazas de aparcamento. Nos últimos 85 metros proxéctase un área de convivencia para peóns e vehículos, executada cunha plataforma única de formigón, e a cal estará cortada por un pavimento de formigón desactivado no paso do Camiño de Santiago.

Debaixo das zonas verdes e das franxas de aparcamento, por ambas marxes, instalaranse tubeiras de PVC para as augas pluviais que canalizarán as augas recollidas nos sumidoiros dos pozos de rexistro e caz de formigón proxectados. As beirarrúas serán de zahorra e formigón, rematadas cun bordo de granito. En canto á zona da calzada, utilizarase unha capa de 5 cm. de mestura bituminosa en quente, previo fresado do firme actual.

Mellora de equipamentos deportivos e sociais na parroquia de Figueiras
O proxecto de execución de “Mellora de equipamentos deportivos e sociais na parroquia de Figueiras”, que conta cun orzamento de licitación de 355.699,97 euros, IVE engadido, contempla a cubrición da pista deportiva exterior; a dotación dun novo equipamento deportivo, que sería a pista de paddle; a reforma e reordenación dos espazos destinados a vestiarios; e a mellora da accesibilidade ás instalacións, adaptándoas ás persoas con mobilidade reducida. Esta obra, que será executada pola concellaría de Medio Rural está incluida no POS+ 2018 que financia a Deputación da Coruña.

Actualmente, a parcela dispón dunha área de estacionamento, vinculada á estrada Figueiras-Brins e un primeiro ámbito destinado a equipamento social (palco de música). O resto das instalacións teñen carácter deportivo, cunha zona destinada a campo de fútbol que inclúe unha pequena bancada lonxitudinal; unha pista deportiva exterior e unha pequena edificación de planta baixa destinada a vestiarios; que se van adaptando a topografía inclinada do terreo.

A pista exterior, cunhas dimensións aproximadas de 42 por 60 metros, cubrirase mediante dous pórticos lonxitudianais, formados por piares prefabricados de formigón armado de sección rectangular, dispostos cada 6,90 metros, e sustentados por vigas tamén de formigón. A cubrición da pista deportiva completarase cun faldón superior perimetral realizado con chapa metálica perforada. A instalación dotarase, ademais, de iluminación artificial.

En canto á pista de paddle, situarase contigua ao actual edificio de vestiarios, nunha zona de libre parcela. Terá unhas dimensións interiores de 20 por 10 metros e cumprirá coa normativa vixente en relación a este tipo de instalacións (dimensións, muros de peche, áreas exteriores de xogo, pavimento, etc).

Polo que respecta aos vestiarios, ubicaranse xunto á pista cuberta e á pista de padel. Accederase a eles a través dun espazo cuberto adaptado. Estará adaptados a persoas con mobilidade reducida e contarán con aseos, duchas e zonas de cambio, unha pequena sala para monitores e un almacén.

A maiores, acondicionarase un novo acceso á pista deportiva, dotado cunha rampña de dobre sentido co obxecto de salvar o desnivel existente, para facilitar o acceso de persoas con mobilidade reducida.

Acondicionamento do local sociocultural de Enfesta
O Goberno Municipal tamén ten previsto aprobar o proxecto construtivo da obra “Mellora e acondicionamento do local sociocultural de Enfesta”, que conta cun orzamento de licitación de 78.622,86 euros IVE engadido. Este acordo, igual que o da obra anterior, comunicarase á Deputación provincial da Coruña, a efectos de continuar coa tramitación do mesmo ao abeiro do plan POS + 2021.

O obxectivo do proxecto é darlle unha solución ás lesións detectadas na edificación, cunha intervención que non altere a imaxe nin o funcionamento da mesma, de xeito que recupere as condicións mínimas esixibles de acondicionamento para o mantemento do uso actual, como local sociocultural, en óptimas condicións.

Con este fin, procederase á eliminación das humidades de filtración nos paramentos interiores, mediante a instalación dunha drenaxe perimetral no edificio que limite a cantidade de auga que chega aos muros; e facilitando, ademais, a evacuación perimetral da auga presente no terreo. Tamén se illarán os espazos interiores mediante a instalación dunha soleira ventilada na planta baixa, e o illamento térmico nos paramentos verticais interiores da planta baixa.

No primeiro andar procederase ao illamento do teito mediante a incorporación de la de roca polo interior da cuberta inclinada. E a maiores, eliminaránse as manchas de humidade nas fachadas e renovarase a pintura; e procederase á limpeza da suciedade e da vexetación nas cubertas. En canto ao acondicionamento interior, e dado que o edificio carece de climatización, procederase á instalación dun sistema de bomba de calor con splits.