Saturday 16 de November de 2024

O Concello abrirá o luns o prazo para solicitar algún dos seis postos dispoñibles no Mercado de Nadal


O Concello instalará do 19 de decembro ao 4 de xaneiro na Praza da Gándara un Mercado de Nadal. Co fin de ocupar os postos que se habilitarán o vindeiro luns día 12 abrirá o prazo para anotarse, que pechará o xoves 15 ás 13.00 horas. As persoas con licencia de venda comercial e que vendan produtos artesáns, agasallos, artículos de decoración de Nadal… interesadas en instalarse nalgún dos postos deben escribir un correo electrónico á dirección me.mendez@naron.es, indicando o seu nome e apelidos, os produtos que desexa vender, un teléfono de contacto e un correo electrónico para realizar a tramitación. Os postos adxudicaranse por orde de solicitude e terán preferencia á hora da adxudicación as veciñas e veciños de Narón.

Os postos permanecerán operativos nas datas indicadas –agás os días 25 de decembro e 1 de xaneiro- en horario de 17.00 a 20.00 horas, tal e como se avanzou dende o Concello.