Friday 22 de November de 2024

O campo da Veiga, escenario este domingo do derbi ligueiro entre a UDC Narahío e o CF San Sadurniño


Este domingo volvemos ter derbi local. A partir das 16:00h o Narahío recibe ao Sansa no campo da Veiga, no que será un partido de máxima rivalidade entre dous dos equipos máis potentes do Grupo 1 de Ferrol da Segunda Galicia.

Trala súa victoria de onte en Cedeira, a UDC Narahío marcha segunda na clasificación empatada 29 a puntos co CCRD Perlío, primeiro da táboa, mentres que o CF San Sadurniño está situado en cuarto lugar igualado co Meirás CF a 28 puntos.

O resultado dos dous equipos locais e o que fagan os seus rivais inmediatos pode significar importantes cambios na cabeza. Todas as posibilidades están abertas con catro equipos metidos nun pano e cunha cómoda vantaxe sobre os demais participantes no grupo ligueiro.

Con estes ingredientes, o encontro do domingo promete ser moi, pero que moi intenso.