Os veciños de Oleiros volveron a facer gala da súa xenerosidade na recollida de alimentos que se desenvolveu no municipio por parte do Banco de Alimentos.
Tras finalizar a campaña “A Gran Recollida de Alimentos”, a cal foi promovida polo Banco de Alimentos en diversos supermercados do noso municipio, non queda senón agradecer a esta organización e aos seus voluntarios a xenerosidade polo seu tempo e por esta iniciativa, grazas á que moitos oleirenses puideron doar produtos de alimentación, hixiene ou dar achegas económicas que serán transformadas en alimentos para as persoas máis necesitadas.
Son moitas as familias que en España viven en situación de vulnerabilidade e Oleiros non deixa de formar parte do número de municipios que engrosan estas listas. Grazas ao Banco de Alimentos, ou a entidades como Cáritas ou Cruz Vermella entre moitas outras, nestas datas as familias que máis o necesitan poden recibir alimentos, xoguetes ou achegas necesarias para vivir estas festas da forma máis digna posible.
En Santa Cruz, por exemplo, só Cáritas atende a máis de 70 familias a diario, o que fai necesaria non só esta campaña senón un plan de apoio durante todo o ano ás persoas que no noso municipio máis o necesitan. Non podemos deixar de lado esta realidade, crer que só teñen necesidades en datas sinaladas ou pensar que o noso Concello está a darlles os recursos necesarios para poder mellorar a súa situación.
O Partido Popular de Oleiros insta o noso Concello a que, especialmente nestas datas, máis aló dos Fondos Europeos que o municipio recibe para tal fin e dos que tanto eco fanse coma se fosen propios, destine unha maior partida orzamentaria para as persoas en situación de especial vulnerabilidade do municipio, xa que como oleirenses que son merecen un concello que #ver e comprométase de verdade coas súas necesidades, non con anuncios non cumpridos, senón con orzamentos e proxectos reais e obxectivos.