Friday 22 de November de 2024

Un total de 83 veciños e veciñas de Frades realizan unha excursión a Baiona e Vigo


Un total de 83 veciños e veciñas participaron nunha excursión ás vilas de Baiona e Vigo organizada polo Concello de Frades. Unha viaxe na que estiveron acompañados polo alcalde, Roberto Rey, e polo concelleiro de Maiores, Jesús Francos.

A derradeira excursión deste ano 2022 en Frades pasou a mañá visitando a vila de Baiona e, en especial, dous lugares: a fortaleza de Monterreal, co Parador Nacional do seu interior, e o museo da Carabela Pinta, unha réplica da nave que trouxo a Baiona a nova do descubrimento de América. Nela, os veciños e veciñas de Frades puideron revivir a xesta de Martín Alonso Pinzón contemplando as figuras que representan á tripulación e aos indíxenas americanos, así como paneis interpretativos, xogos interactivos e reproducións dos metais, plantas, alimentos e animais exóticos atopados no Novo Mundo.

Tras repoñer forzas nun restaurante da contorna, os 83 veciños e veciñas de Frades partiron cara a cidade de Vigo, onde desfrutaron das súas famosas luces de Nadal, antes de emprenderen viaxe de volta.