Un agasallo luminoso, un photocall con Papá Noel e un “Bo Nadal” de grandes dimensións, entre as principais novidades
O Concello de Cabanas, a través da área de servizos, iniciou esta semana o acendido do alumeado de Nadal, distribuído ao longo das sete parroquias que compoñen o concello.
Entre os principais atractivos para visitar e retratar, o Concello instalou no Paseo Marítimo un letreiro luminoso coa palabra “Bo Nadal” e un photocall con Papá Noel, ademais dun agasallo na Avenida do Areal. A rotonda de acceso á vila tamén foi adornada para a ocasión.
Desde o Concello de Cabanas animan á veciñanza e visitantes a compartir nas redes sociais as súas fotos cos adornos de Nadal.