A praza pública de Ponte Carreira acollerá este domingo 11 de decembro, en horario de 10:00 a 19:00 horas, a terceira edición do Mercado de Artesanía de Frades. Un mercado no que adoitan participar unha ducia de postos de artesáns locais e da comarca, que ofrecen á persoa visitante a posibilidade de adquirir os máis singulares agasallos e adornos para este Nadal e feitos a man.
O alcalde de Frades, Roberto Rey, amosouse moi satisfeito co desenvolvemento das dúas primeiras edicións do Mercado de Artesanía e anima “a toda a xente a que se achegue a comprar algo no mercado e visitar tamén a nosa hostalería e comercio local”.