Alternativa dos Veciños continúa a apoiar decididamente ao grupo de pais e nais con fillos no CEIP Cruz do Sar de Bergondo que se atopan sen persoal para a atención especial que precisan un grupo de 30 alumnos alí escolarizados.
O presidente de Alternativa, Ángel García Seoane, recibiu esas demandas como deputado provincial, ao que se dirixiron esas familias para recabar o apoio institucional fronte á Xunta de Galicia, responsable do centro educativo e que se nega reiteradamente a satisfacer esta demanda.
A educación pública de calidade é un dereito fundamental das persoas, e esta debe ser prestada coa maior eficiencia, sen escatimar en persoal básico e en complementos educativos esenciais para garantir unha prestación do servizo igualitaria e completa, tal como demandan neste caso tanto a comunidade escolar como a docente do centro educativo.