A alcaldesa presidiu a sétima edición da campaña ‘Baixo o mesmo paraugas’, que se celebrou este sábado no Parrote
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu a sétima iniciativa de ‘Baixo o mesmo paraugas’, acto central para conmemorar o Día Mundial da Discapacidade. Esta iniciativa encheu de paraugas o paseo do Parrote, onde secongregaron máis de trinta asociacións e entidades que representan a miles de persoas con discapacidade e as súas familias. A rexedora estivo acompañada da concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación, Yoya Neira.
A campaña ‘Baixo o mesmo paraugas’ naceu na Coruña no ano 2016 e loita contra a discriminación que sofren a diario as persoas con discapacidade, desde a súa etapa escolar. “Quero agradecer ás entidades da cidade o seu magnífico traballo e a súacolaboración constante co Concello. Grazas a elas, as nosas iniciativas no ámbito da discapacidade chegan a máis persoas e son máis eficaces. Ensinádesnos o camiño e queremos seguir percorréndoo xuntos”, sinalou a alcaldesa.
A rexedora apuntou que aínda queda moito por facer para evitar a discriminación e puxo o foco na contorna escolar. “Un de cada catro estudantes con discapacidade sentiuse discriminado no seu entorno escolar. Contra esa discriminación, moitas veces inconsciente, é contra o que temos que loitar todos, cada día, fomentando a empatía individual e de toda a sociedade, sobre todo entre os máis novos”, dixo Inés Rey.
No acto, que estivo presentado por Genma Pardo, tamén interveu Ricardo Iglesias como representante das asociacións asinantes do manifesto, que foi lido por catro persoas con discapacidade. Tras a lectura, alzáronse os paraugas e soou a canción ‘Una marea de gente’. O acto rematou coa actuación de Píscore.
‘Deporte para a igualdade’
Este sábado, coincidindo co Día Internacional da Discapacidade, tamén tivo lugar a última das charlas ‘Deporte para a igualdade’ que organiza o Concello a través da súa Concellaría de Deportes. Esta iniciativa dedicoulle esta última xornada ás e aos deportistas con discapacidade. Participaron Alberto Seoane (Club do Mar); Ana Varela, atleta; Ángel López (ENKI); e Isolina Piñeiro (ANPANXOGA). Moderou Margarita Barrera (ADCOR).