O Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas conta nesta terceira edición coa participación de preto dunha trintena de vivendas de toda A Pobra do Caramiñal: Santa María a Antiga do Caramiñal, Santiago do Deán, Santo Isidro de Posmarcos, Santa Cruz de Lesón e Santa María do Xobre.
Trátase dunha iniciativa pola que aposta novamente a Concellaría da Promoción Económica, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), para incrementa-lo carácter vistoso das rúas no Nadal mediante a participación da veciñanza na ornamentación exterior dos seus domicilios que deberá permanecer colocada no período comprendido entre o día 6 de decembro e 6 de xaneiro, ámbolos dous incluídos.
O ditame do xurado darase a coñecer no 23 de decembro e establécese un premio por cada parroquia consistente nunha gran cesta do Nadal con produto local.