Turismo de Galicia presenta mañá a oferta turística de Galicia relacionada co turismo compras e negocios no The Luxury Travel Corner Leisure & Mice
Turismo de Galicia presenta a oferta turística de Galicia relacionada co turismo compras e negocios no The Luxury Travel Corner Leisure & Mice que se celebra na cidade francesa de Paris.
Durante a súa participación neste workshop internacional dedicado al turismo MICE y de compras, Galicia promocionarase como destino turístico para a organización de congresos, convencións e viaxes de incentivo ante os operadores turísticos frances especializados nesta modalidade turística así como destino de compras.
Representantes de Turismo de Galicia manterán diversas reunións de traballo no Hotel Napoleón, lugar de celebración do encontro, con directivos de empresas, cos principais axentes de viaxes e cos operadores turísticos especializados en turismo de reunións máis importantes de Francia aos que lles presentarán a oferta turística galega.
A participación neste workshop é unha das novidades do calendario de accións promocionais de Turismo de Galicia no exterior que neste ano incrementou a súa presenza en congreso, feiras e encontros internacionais de diversa índole.
O obxectivo é posicionar a Galicia como destino de turismo de alto standing –compras e negocios-, un mercado en alza moi interesante polo alto nivel adquisitivo dos seus turistas e pola súa contribución na revalorización do destino.
Ademais, a comunidade galega conta con outras contornas que posibilitan a organización de todo tipo de reunións.
Mercado francés
No pasado ano 2014 a nosa comunidade rexistrou máis de 114.000 viaxeiros franceses aloxados, cifra que superou nun 22,7% o dato do anterior ano 2013.
Este incremento traduciuse tamén nunha mellora das pernoctacións que subiron un 17%, neste caso, rexistrándose preto de 190.000 pernoctacións no pasado ano.
O mercado francés representou en 2014 o 10,4% do total da demanda turística internacional de Galicia consolidándose como o terceiro mercado estranxeiro da nosa comunidade, por detrás de Portugal e Alemaña.