• A actuación, valorada en 236.132,59 euros, está financiada a través do remanente municipal.
• As obras inclúen labores de pavimentación, limpeza de marxes, instalación de sinalización e optimización da drenaxe nos tramos onde levarán a cabo os traballos
O Concello de Miño avanza no seu plan de mellora de viais municipais coa licitación dos traballos de acondicionamento en Miño, Castro San Xoán e Perbes. Unha actuación que conta cun investimento total de 236.132,59 euros procedentes do remanente municipal.
No núcleo de Miño os traballos supoñerán a reposición do firme e a instalación da sinalización en cálea Marismas, rúa A Rúa, rúa Francisco García Picos e en Ponte do Porco, onde tamén se dispoñerá un novo paso elevado de 4 metros de ancho, adecuaranse as beirarrúas e instalaranse bolardos de polietileno para delimitar o cruzamento do camiño de Santiago.
Na parroquia de Castro actuarase no camiño de Ponche de Nande e no camiño do parque mediante labores de pavimentación, limpeza das marxes da vía e a súa posterior sinalización.
En San Xoán os traballos desenvolveranse en camiños da Fraga, Valgote, Modia, Ombre e Graña, onde ademais da renovación do firme, a limpeza das marxes e a sinalización executaranse accións de optimización da drenaxe da vía. Actuación que tamén levará a cabo na parroquia de Perbes, onde se acondicionará o camiño de Sambollo.