Friday 22 de November de 2024

O PP de Miño enfróntase ao goberno local no pleno de aprobación dos orzamentos do ano 2022


O goberno local de Miño vén de aprobar o orzamento municipal do ano 2022. No pleno o grupo popular denuncia a irregularidade desta situación, @teniendo en cuenta que o ano está a finalizar, e que o que correspondería aprobar serían os orzamentos do ano 2023, tal e como establece a lei.

O Partido Popular presentou tres emendas a estes orzamentos nas que se solicitaba a ampliación da partida destinada á rehabilitación da vivenda dun veciño que sufriu un incendio.

Solicitouse a fixación de dúas novas partidas, unha para o servizo de autobús municipal que sofre graves deficiencias. Con esta nova partida poderíase sacar a concurso, xa que o contrato está vencido, e mellorar a prestación do servizo por medio de maior número de prazas e mais frecuencias.

A terceira emenda solicitaba unha partida para axuda do comercio local e autónomos do municipio, quen está sendo moi castigados pola situación actual e o sobrecusto que lles supón a subida en servizos como luz ou auga.

Ante estas propostas o alcalde Manuel V. Faraldo tivo unha reacción do todo desproporcionada e proferiu unha serie de insultos aos concelleiros do grupo popular.
Debido á actitude do alcalde, quen instado a desculparse non desistiu na súa actitude, os concelleiros populares víronse na obrigación de abandonar o pleno.