· Estará conducida polo concelleiro de Cultura, Jonathan Miranda.
O Local Social do Concello de Cariño acollerá mañá, venres 2 de decembro ás 20:00 horas, a presentación do libro ‘Alicerces teatrais en Galiza: unha achega de fontes, fundamentos e feitos (1852-1975)’.
Estará conducida por Jonathan Miranda, edil de Cultura, e acudirá ademais do propio autor, o músico Xico Pena. A entrada é libre sen necesidade de reserva previa.
A publicación lembra a importancia de grupos históricos de Galicia e a súa actividade no panorama teatral, unha época difícil, marcada pola ditadura e a censura, na que o teatro da nosa comunidade autónoma renace aos poucos para coller forza ata ser hoxe o que é.