Friday 22 de November de 2024

Alternativa segue demandando maior control sobre as obras


Fai escasamente 1 semana, o Concello anunciaba a bombo e platillo que as propostas finalistas do Decidámolo xuntos faríanse realidade, pero a saber cando.

As máis puntuadas solicitaban máis arborado, zonas verdes e de espazos de esparcemento na parroquia do Temple. Pola contra, a resposta por parte de Concello é seguir coa súa política de cemento, de beirarrúas bulevar e xiros imposibles, reducindo tamén o aparcamento (aínda que diso estamos sobrados segundo o concelleiro de urbanismo) nas obras que se están a realizar na rúa María Mariño. Cabe tamén destacar a falta de supervisión e control nesta obra e nas que se están a realizar no polígono, con material mal acopiado, vallas caídas, e numerosos obstáculos para os veciños.

Alternativa seguirá a insistir e a controlar (xa que os que o deben facer non o fan) este tipo de actuacións.