A Concellería de Cultura e Ensino lembra que ata o xoves desta semana continúa aberto o prazo de matricula para as escolas e obradoiros culturais que organiza para o curso 2015/2016. As inscricións realízanse nas dependencias administrativas do pavillón A Xunqueira de San Valentín en horario de 8:30h a 14:30 h. (e o mércores 7 de outubro tamén en horario de tarde, de 16:00 h a 19:00 h.)
A oferta de escolas e obradoiros culturais do Concello de Fene para este ano pasa por actividades como solfexo-piano, guitarra, obradoiros de idiomas (“Xogamos co inglés” e “Falamos inglés”), de risoterapia (“Licenza para rir”), de cómic, de fotografía ou o xa tradicional curso de cociña para vag@s. No apartado de cursiños TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación), dende a Concellería de Cultura e Ensino anúncianse tres accións formativas: “Redes sociais para principiantes”, “Introducción a Internet” e “Introducción á ofimática”.
O novo curso 2015/2016 comezará nas escolas e obradoiros culturais municipais do Concello de Fene o vindeiro martes 13 de outubro, incorporándose os alumnos/as nos días da semana, hora e instalacións fixadas para cada escola ou obradoiro.
Para máis información sobre as escolas, obradoiros ou cursiños TIC que organiza a Concellería de Cultura e Ensino de Fene, pódese chamar ao teléfono das dependencias administrativas do Departamento de Cultura e Ensino do Concello de Fene (981-340366) ou consultar a normativa xeral de matriculación das devanditas escolas na páxina web municipal (www.fenecidadan.net).