Esta convocatoria forma parte do programa municipal Compostela Móvese 2022 do Concello de Santiago. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, entregou esta tarde o premio no Pazo de Raxoi acompañado do resto de integrantes do xurado.
Os Premios á Excelencia Empresarial nacen co fin de premiar ás empresas que se distingan polas súas boas prácticas no campo da conciliación laboral e familiar, economía circular, innovación, comercialización en produtos e servizos culturais e boas prácticas de economía social. Búscase recoñecer e valorar de maneira axeitada ás empresas que demostran un gran compromiso coa calidade total identificando e difundindo boas prácticas que poidan ser adoptadas nun futuro por outras empresas do tecido económico de Santiago.
As empresas premiadas nesta primeira edición foron as seguintes:
– Premio Boas prácticas en materia de conciliación á empresa INFORHOUSE SL. euros. Inforhouse é unha empresa con máis de 30 anos de experiencia no sector TI, e que ofrece unha carteira de solucións flexibles, personalizables e nun marco de xestión baixo estándares de calidade e metodoloxías específicas.
Ademais das áreas funcionais de comercial, marketing e administración, Inforhouse conta cun departamento técnico de software e SAT/Sistemas que lles permite realizar servizos de soporte e mantemento de aplicativos e infraestruturas en Galicia, Asturias e outras zoas do territorio nacional.
https://www.inforhouse.es/gl/
Nesta categoría outórgase ademáis unha Mención como finalista á empresa DINAHOSTING dotada con 2.000 euros. Dinahosting é unha empresa especializada en hostings e dominios, con máis de 20 anos de traxectoria ofrecendo solucións para todo tipo de proxectos web, dende páxinas sinxelas ata infraestruturas máis esixentes.
O valor engadido está relacionado con discos NVMe, hardware de última xeración, CPD de alto rendemento, máxima conectividade e seguridade.
https://dinahosting.com/
– Premio Boas prácticas en materia de economía circular e Premio Boas prácticas de empresas de economía social á empresa COMUNIDADE CREATIVA SOC COOP GALEGA. Dotados cada un deles con 6.000 euros. Creativas Galegas é unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro que nace a finais de 2019, da man de tres artesás creativas, do eido cultural galego, que xa tiñan as súas propias marcas no mercado. A empresa nace para tratar de dar solución ás dificultades que atopan as empresas do sector para sobrevivir no mercado polo feito de ser un proxecto pequeño dando a posibilidade de ter un espazo físico, compartindo custos, creando sinerxias, negociar con proveedores e compartir experiencias. A idea é manter a imaxe de marca de cada empresa, pero actuando como unha única entidade. O obxetivo deste colectivo, é ser un referente en Galicia para profesionais do ámbito cultural galego, competir no mercado co seu producto artesanal grazas ao poder de negociacion como colectivo.
– Premio Boas prácticas en materia de innovación e ciencia aplicadas ao modelo de negocio á empresa MESTRELAB RESEARCH,S.L. dotado con 6.000 euros. Mestrelab Research é unha empresa que conta cun software especializado para investigación química, que cuantifica a pureza e concentración dos compostos químicos, permitindo así ás empresas farmacéuticas, químicas ou biotecnolóxicas, desenvolver medicinas e produtos máis efectivos, fiables e seguros.
– Premio Boas prácticas en innovación en comercialización de produtos e servizos culturais á empresa MATA GARCIA,GONZALO dotado con 6.000 euros. Q.E.D. Estudios de Herencia Cultural xurde para contribuír ao estudo, análise, diagnóstico e difusión da herdanza cultural, tanto dende una perspectiva teórica como práctica, para a súa seguridade, pervivencia e coñecemento. O proxecto é creado por Gonzalo Mata despois de anos de docencia e investigación no eido das humanidades, para proporcionar no eido cultural un servizo innovador, de calidade e ao día en técnicas diagnósticas.
https://qedherenciacultural.es/
– Premio Boas prácticas aliñadas cos retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela e os ODS da Axenda 2030 á empresa INFORMÁTICA Y NETWORKING COMPOSTELA, SLU. dotado con 6.000 euros. Infonet é unha empresa galega de servizos e solucións tecnolóxicas, especializada en sistemas, ciber-seguridade, virtualización e arquitectura na nube, aberta ao mercado internacional e coa sede en San-tiago de Compostela. O proxecto nace no 1995 nunha habitación de estudiante e froito da paixón pola tecnoloxía, pero non é ata 2001 cando se constitúe como empresa.
O xurado, que estivo presente na entrega de premios, estaba composto polo alcalde Xosé A. Sanchez Bugallo quen actúa de presidente do Xurado, s en representación do Comité Técnico Asesor do Consello Económico e Social de Compostela D. Melchor Fernández Fernández, en representación da dirección execuctiva da Axenda Urbana 2030 á súa codirectora Dna. María Cadaval Sampedro, en representación do Consello Económico e Social de Santiago Dna Rosa Mary Cardeso Trillo e en representación do Departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Santiago Dna. Carme Casado Casado.
Esta actividade forma parte das accións codeseñadas no ámbito do Consello Económico Social de Santiago de Compostela co obxectivo de dar a coñecer o bo facer das empresas do territorio, para que poida servir de espello onde outras se poidan sentir reflexadas e iso sirva como motor de mellora da súa competitividade e como vehículo para o fomento do emprendemento e impulso a actividade empresarial. Esta convocatoria forma parte do programa municipal Compostela Móvese 2022. O principal obxectivo do programa é apoiar un modelo de desenvolvemento económico local endóxeno cooperativo e asentado na identidade e na historia do territorio Para isto, búscase asentar os procesos de mellora empresarial e emprendemento nos valores diferenciais do tecido socioeconómico do concello