Alternativa dos Veciños finaliza mañá o proceso participativo de elección de candidatos para as próximas eleccións municipais. Esa última asemblea será mañá, ás 20 horas, na Casa da Cultura de Perillo.
Ademais dos candidatos que propoña a comisión de seguimento local, tal e como sucedeu onte en Santa Cruz onde se presentou unha persoa que ademais resultou elixido, calquera veciño ou veciña de Perillo poderá presentarse. Serán despois as persoas que acudan á asemblea as que decidar cos seus votos.
Nas asembleas xa realizadas saíron elixidos Rosa Méndez, Igor Pérez, María José Varela, José Manuel Caridad, Juan Fernández, Belén Taboada, Antonio Molinos, Óscar Brandariz, Marga Figueroa, Pablo Cibeira, Francisco Pita, Teresa Vázquez, César Meilán, David Garrido, Jaime Rumbo, Óscar Morlán, María José Santos, Marta Martínez, Ramón Maceiras e Fernando Grela.