• O local gañador do concurso foi Casa Ignacio, seguido de Café Bar Elvis e El Rincón de Tania
• A entrega de premios e o sorteo dos vales para os consumidores levarase a cabo o vindeiro sábado, 3 de decembro, en Casa Ignacio
O Concello de Cerdido celebra o éxito do concurso de pinchos ‘Saborea Cerdido’, celebrado ao longo desta fin de semana, cunha gran asistencia en todos os locais participantes.
O concursante mellor valorado entre os 6 locais partipantes foi Casa Ignacio, seguido de Café Bar Elvis e El Rincón de Tania.
A entrega de premios e o sorteo dos vales entre os consumidores terá lugar no local gañador, Casa Ignacio, este sábado 3 de decembro ás 13 horas.
O alcalde, Benigno Galego, encóntrase satisfeito con esta edición do concurso pois “os locais atraeron a unha gran multitude de xente, e desta forma conseguimos dinamizar o noso municipio nunhas datas con pouco movemento”.
O rexedor quere agradecer “a todos os locais participantes a súa gran colaboración e o seu traballo para realizar as receitas, conseguindo que esta nova edición de ‘Saboreando Cerdido’ sexa todo un éxito”.