A actividade levarase a cabo os días 1 e 2 de decembro na Casa do Concello en horario de tarde
A área de servizos sociais do Concello de Cabanas, e a entidade AFAL Ferrolterra, en colaboración coa Mancomunidade, organizan unha formación en atención especializada en Alzheimer e outras demencias os días 1 e 2 de decembro na Casa do Concello de Cabanas, en horario de 17.00 a 19.00 horas.
A actividade estará conducida pola psicóloga Elena Farré e a terapeuta ocupacional Natividad Criado. A primeira centrarase na abordaxe terapéutica das demencias (sintomatoloxía, tratamento e alteracións de comportamento), mentres que a segunda falará nas mobilizacións e transferencias da persoa dependente (hixiene postural, mobilización e transferencias, sedestación e posicionamento na cama).
As persoas interesadas en participar deben inscribirse no teléfono 981 495 959 (ext. 2 ou 6) ou a través do correo electrónico servizos.sociais@cabanas.gal.