· Será ás 19:00 horas na Avenida dá Paz, 2.
O Local Social do Concello de Cariño acollerá mañá, martes 29 de novembro, unha charla sobre prevención de atropelos a cargo do Coordinador Provincial de Educación Viaria da Dirección Xeral de Tráfico, DXT.
Será ás 19:00 horas na Avenida dá Paz, 2, e todas as persoas que acudan recibirán un chaleco reflector. Esta actividade é totalmente gratuíta. Está dirixida especialmente aos máis maiores, despois do gran número de atropelos ocorridos en Galicia nos últimos meses.
Desde o Concello advirten da importancia de “promover unha boa educación en seguridade viaria” para concienciar “a toda a cidadanía, tanto aquela que use vehículo como a que transite a pé polo noso municipio” da relevancia que é “o respecto e salvaguardia das normas de circulación”.